
VERDADES COMO PUÑOS Y CONSIDERACIONES
$ 408.42 MXN
Tema: |
|
ISBN: |
9788417802585 |
Autor: |
JUSTO TALADRID CATA |
Editorial: |
CONSELLO DA CULTURA GALEGA |
Edición |
1° edición |
Año: |
2023 |
Sinposis
"Verdades como puños y consideraciones. Mis servicios al distrito de Vivero (1935), obra do indiano Justo Taladrid Catá con prólogo do xornalista local Salvador Pérez-Labarta Pillado, constitúe un libelo polémico no que o seu autor intentou xustificar a súa propia conduta, que moitos sectores sociais e institucionais xulgaron e denunciaron con fundadas razóns como obstrucionista no proceso de consecución dun novo grupo escolar para a vila do Landrove, nos anos vinte e trinta do pasado século.No fragor dese debate público resultaría danado o propio vínculo de Taladrid coa entidade que promovera e representara durante varios lustros e que lle dera boa parte da súa reputación filantrópica, a sociedade de instrución Vivero y su Comarca. Os estreitos lazos políticos do indiano co cacique Soto Reguera e coa ditadura do xeneral Primo de Rivera, así como o seu reaccionarismo ideolóxico, tiveron moito que ver con esa actitude súa de poñer toda clase de obstáculos e reparos a un proxecto que foi acariñado por sucesivos alcaldes de Viveiro (José Santiago Seijo, Eugenio Pérez Abadín, Ramón Villar Ponte_) e pola Asociación de Mestres Nacionais, liderada nesa época no distrito por figuras como Ángel Fraga Orosa e José María Pereda Álvarez. Ambos os docentes escribirían por iso unha réplica ao libelo de Taladrid co título de Pulverizando insidias o verdades como montañas (1936)."